Presentación do libro TEMPO POÉTICO, de Alfredo Puy, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

Eventos
10/05/2015
10/05/2015
05/10/2015

Presentación do libro TEMPO POÉTICO, de Alfredo Puy, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

-

Poeta de vocación tardía, Alfredo Puy presenta o seu segundo poemario no que se evidencia unha evolución significativa nos achados estilísticos e nunha pericia métrica tan atrevida como complexa.

Asistirá ao acto de presentación, ademais do autor, Javier Bahamonde Santiso de Osorio, historiador e escritor; Julie Sopetrán, escritora e poeta; José María Triper, xonalista e poeta; e Basilio Rodríguez Cañada, escritor e presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión.

A súa escritura deslízase con fácil naturalidade cara a un barroquismo formal no que o poeta recrea con sorprendente novidade os modelos métricos e sintácticos garcilasianos, quevedianos e ata gongorinos, sen medos nin complexos.

Alfredo Puy xoga audazmente ás inversións gramaticais, a antepoñer sistematicamente lexemas e sintagmas para explorar ritmos inéditos ou estraños; busca no léxico para verter termos en desuso, neoloxismos imposibles e palabros que sementan de orixinalidade os trillados camiños da lírica contemporánea.

Varios eixos temáticos enhebran este novo poemario, aínda que destaca como tema principal o final do camiño, como símil do ocaso vital.

05 Octubre 2015
Eventos
Imaxes