Presentación do nº11 da revista Iberorrománica de poesía y pensamiento poético SERTA, editada pola UNED
Co desexo de atopar canles de vinculación entre a creación poética actual e a contorna universitaria, un grupo de profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) propúxose ofrecer aos poetas, críticos, lingüistas, filósofos e científicos interesados na poesía do ámbito iberorrománico e que se expresen nunha das linguas iberolatinas, un espazo común e multilingüe de creación e reflexión poética: a revista Serta.
Esta publicación cínguese á época actual ou limítrofe sen desistir na competencia e interese creativo dos textos, incorporando materiais orixinais e inéditos. Só se inclúen traducións das linguas vasca e romanesa, consciente de que o lector interesado pode comprender, cando menos, máis dunha das linguas aquí incluídas.
Participará no acto o Ilmo. Sr. Decano da Facultade de Filoloxía da UNED, D. Julio Neira Jiménez, Catedrático de Literatura Española; D. Antonio Domínguez Rey, Catedrático de Lingüística Xeral, director de SERTA: "Presenza poética dunha koiné iberorrománica. Importancia histórica para Galicia e resto de España"; Dª. María Dolores Martos Pérez, Axudante Doutora de Literatura Española, secretaria de SERTA; Dª. Marina Sanfilippo, Contratada Doutora Filoloxía Italiana; e D. Josep Antoni Ysern Lagarda, Titular de Filoloxía Catalá.
Participaron os departamentos de Lingua Española e Lingüística Xeral. Literatura Española e teoría da Literatura. Filoloxía Clásica. Filoloxía Francesa. Filoloxías Estranxeiras e as súas Lingüísticas.