Presentación do proxecto cinematográfico "9 olas", de elcercano.com.

Eventos
05/31/2012
05/31/2012
31/05/2012

Presentación do proxecto cinematográfico "9 olas", de elcercano.com.

-

elcercano.com e Simone Saibene emprenderon un ilusionante proxecto cinematográfico consistente en lograr rodar no 2012 unha longametraxe sobre a identidade, cuxo título é "9 olas". 

O proxecto cinematográfico "9 olas" pasa por sacar adiante unha idea de cine que nace na cabeza do propio director e guionista, Simone Saibene.

A película que se rodará enteramente en Galicia durante xullo e agosto, cunha duración de 80 minutos, trata dun home que, na fronteira entre Galicia e Portugal, esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara a súa verdadeira identidade.

"9 olas" acércase ao tema da identidade no mundo contemporáneo, para indagar na súa función máis alá de tópicos e de cuestións ideolóxicas e políticas.

Para aqueles que están interesados en participar neste proxecto así como coñecer a súa evolución, crearon un apartado dentro da páxina www.elcercano.com, un espazo físico, virtual e mental posto ao servizo dunha nova idea de creatividade fóra dos circuítos oficiais, sen ningún interese pola publicidade, e aberta a quen desexe participar libremente neste proxecto.

O acto de presentación deste proxecto contará coa intervención de: Julio Pérez Perucha, presidente da Asociación Española de Historiadores del cine; Moncho Conde-Corbal, de elcercano.com; Simone Saibene, director da película “9 olas”; e María Tasende, actriz da película.

Durante o acto proxectarase un make in off da película así como un vídeo musical da interpretación dun tema do filme tocado polo seu compositor.

31 Mayo 2012
Eventos