Presentación do thriller histórico "ORTHODOXIA", de Ulises Bértolo, publicado por Edicións Carena
"Ortodhoxia" é un trepidante relato sobre a megalomanía de certas ambicións relixiosas e o valor do compromiso por defender unha crenza a través dos séculos. Pero, sobre todo, é unha invitación para distanciarse das lecturas literais da realidade e abrirse a novos puntos de vista.
No acto de presentación intervirán, ademais do autor, o editor José Membrive, o director da Academia Xacobea Jesús Palmou e o militar e director do Centro Nacional de Intelixencia, Félix Sanz Roldán.
Sandra Márquez podería seguir sendo unha garda civil máis da unidade de patrimonio histórico, pero o asasinato en estrañas circunstancias dun anodino funcionario no Mosteiro de Uclés (Conca) faille reformularse as súas propias conviccións como axente da autoridade. Da man dunha mente sen prexuízos como a do profesor libanés Thomas Noah, descobre que as dúas pistas que deixa o asasino no escenario do crime -unha estraña moeda do ano 771 e un cadro do século XVI de autor anónima- poden estar encriptando unha enrevesada mensaxe de fondo calado intelectual. Deixou á mantenta o asasino esas probas? Que pretende con iso? Quen ten tanto poder para obrar así desde a sombra?
Con esta novela o lector descubrirá que quizá determinados feitos históricos non sucederon exactamente como nolos contaron.
Ulises Bértolo (Madrid, 1967) é avogado e profesor de Dereito. Dedica parte do seu tempo para colaborar en proxectos de promoción deportiva e cultural. É autor de varios traballos e artigos profesionais.
"Orthodoxia" é a súa segunda novela, despois de "La sustancia invisible de los cielos", publicada polo Grupo Planeta, que tivo unha moi favorable acollida pola crítica literaria.