Proxección do documental "METÍLICO, A BEBIDA DA MORTE", dirixido por Emilio Ruíz Barrachina e baseado na investigación de Fernando Rodríguez Méndez

Eventos
01/28/2014
01/28/2014
28/01/2014

Proxección do documental "METÍLICO, A BEBIDA DA MORTE", dirixido por Emilio Ruíz Barrachina e baseado na investigación de Fernando Rodríguez Méndez

-

Un traballo audiovisual que lembra o envelenamento masivo de miles de persoas durante a primavera de 1963 polo consumo de bebidas elaboradas a partir deste tipo de alcohol. 

Este documental é unha homenaxe social ás vítimas desta traxedia da que se cumpre medio século, e que en moitos aspectos permaneceu oculta.

O chamado "Caso Metílico" é o episodio dunha intoxicación nos últimos anos do franquismo, que tratou de ser ocultada por intereses económicos e políticos. As vítimas aínda non recibiron ningunha indemnización.

A base do documental é o libro "Metílico: 50 anos envenenados", escrito polo xornalista ourensán e estudoso, Fernando Rodríguez Méndez.

28 Enero 2014
Eventos
Imaxes