Proxección do documental "Valle Inclán, la vigencia de un genio", do realizador e guionista Ángel Peláez

Eventos
10/30/2018
10/30/2018
30/10/2018

Proxección do documental "Valle Inclán, la vigencia de un genio", do realizador e guionista Ángel Peláez

-

Ao termo da proxección comezará un coloquio no que intervirán ademais de Ángel Peláez; o director da Real Academia Española, Darío Villanueva; o bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela, Javier del Valle Inclán; e o xornalista e escritor, Carlos G. Reigosa.

D. Ramón del Valle Inclán é o poeta e dramaturgo do seu tempo que na actualidade ten un maior interese para o público. Os seus traballos resultan ser tan interesantes como a súa vida, xa que como alguén dixo, o mellor traballo de Valle Inclán é a súa propia vida.

O documental, realizado para celebrar o centenario da súa morte, conta cos expertos máis prestixiosos de Valle Inclán e do seu traballo.

Con este documental preténdese poñer en valor a vida e obra deste insigne personaxe desde unha perspectiva nova, coa participación de prestixiosos intelectuais, como o director da Real Academia Española, Darío Villanueva; e intervencións retrospectivas de Domingo García Sabell e Francisco Umbral.

Ao longo do documental percorreranse lugares e espazos valleinclanianos de Madrid e Galicia, acompañados de expertos e estudiosos da súa obra xunto a directores e actores cinematográficos e teatrais que viviron e viven a súa obra. O catedrático de literatura da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Iglesias Feijoo, participará explicando a teoría do esperpento. O xornalista e académico, Luis M.ª Ansón, creador do premio que leva o seu nome, falará da importancia deste premio por ser un dos máis relevantes dos que se conceden en España. Tamén se contará co testemuño do guionista e director José Luis García Sánchez, gran especialista en Valle Inclán, e actores como Farruco e Ana Belén.

No traballo hai fragmentos dalgunhas das súas obras máis emblemáticas: "Divinas Palabras", "Flor de santidad", "Tirano Banderas" e "Luces de Bohemia".

Angel Peláez Poyán, Pontevedra. É realizador e guionista de cinema e televisión. Licenciado en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense, cursou tamén catro anos na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela na rama de Literatura Hispánica.

Guinizou e produciu todo tipo de programas para T.V.: ficcións, documentais, programas musicais e deportivos.

En 1980 produce escribe e dirixe a curtametraxe El Globero que ese mesmo ano é presentado na semana de cinema de Nova York e logra unha mención especial no Festival de Cinema de Moscova. Tamén logra o premio á mellor dirección no Festival de Cinema da Coruña.

En 1990 co seu docudrama titilado La ley de la palanca, da serie Vivir cada día, consegue para TVE un ascésit na final dos premios E. M.I – o máis prestixioso premio televisivo do mundo.

Dirixiu dúas importantes series documentais de seis horas de duración cada unha e que foron emitidas nas televisións de numerosos países:

.- "LA EXPEDICIÓN MALASPINA": A máis importante expedición científica da Ilustración Española.

.-"EL 98" : Sobre os acontecementos históricos que acabarían coa perdida das últimas colonias españolas de Cuba, Filipinas e Porto Rico.

Por esta última produción gaña no ano 2000 o premio da Academia das Ciencias e a Artes de España ( ATV) ao mellor programa divulgativo.

No ano 2000 por encargo de Eurovisión escribe e dirixe o docudrama Santiago de Compostela, el silencio de la piedra, unha coprodución europea sobre as capitais culturais de 2000.

En 2003 produce e dirixe o documental Las voces del Prestige, sobre a traxedia da marea negra que arrasou as costas galegas. É premiado co premio Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual.

En 2007 dirixe a longametraxe Siempre Habana.

En 2010 guioniza e dirixe o documental Galegos no Vaticano producido por Ézaro para Televisión de Galicia.

En 2013 guioniza e dirixe a documental- longametraxe ¿Colón Gallego?, producido por Ézaro para Televisión de Galicia. En decembro dese mesmo ano publica a novela Gran casting en La Habana, que na actualidade está a adaptar ao cinema.

En 2016 dirixe para TVE o documental España en Panamá, un seguimento durante catro anos sobre as obras de ampliación da Canle de Panamá. Ese mesmo ano dirixe o documental Valle Inclán, la vigencia de un genio. En 2018 dirixe tres documentais para Hisdesat sobre a construción do satélite Paz.

30 Octubre 2018
Eventos
Imaxes