Recital comentado "Guitarra clásica galega", por SAMUEL DIZ

Eventos
04/17/2013
04/17/2013
17/04/2013

Recital comentado "Guitarra clásica galega", por SAMUEL DIZ

-

O intérprete de Tui recupera neste concerto un patrimonio esquecido ou descoñecido da pouco investigada tradición guitarrística galega, interpretando obras fundamentais da historia do instrumento que abrangue desde as veladas dos anos 20 no exilio cubano ata pezas da xeración actual, como a de compositores como Hermelindo Ruiz Mestre ou Oswaldo Costal Oro.

Tras comezar a súa educación musical na súa cidade natal e o paso polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, Samuel Diz finaliza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música "Manuel Castillo" de Sevilla baixo a orientación de Gaëlle Solal, onde se gradúa en 2009. A súa formación musical complétase cos continuos consellos e observacións de importantes guitarristas e mestres, destacando en especial a estreita e intensa relación con Alen Garagic, Daekun Jang e José Luis Rodrigo.

Realiza o Posgrado de Xestión de Empresas da Industria Musical na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, sendo na actualidade Director de Música en el Claustro, festival que se celebra anualmente no Claustro Gótico da S. I. Catedral de Tui.

Considerado pola crítica como "un artista que sente a música, que vive a música, que respira a música, é a música", é premiado con diferentes premios e recoñecementos internacionais, destacando a Insignia de Ouro de "Temas Sevillanos", institución cultural recoñecida e galardoa pola Unesco. A eles súmanse as súas actuacións en España, Italia, Portugal, Francia, Eslovenia, Estados Unidos, Puerto Rico e Zimbabwe.

Recuperar a entidade da guitarra en Galicia é o obxectivo principal do proxecto que desde hai anos vén desenvolvendo o guitarrista Samuel Diz. En "Guitarra Clásica Galega" recompila a súa interpretación de pezas de músicos galegos que compuxeron para este instrumento e que el se encargou de localizar, para interpretalos por primeira vez. Abrangue diferentes estilos que van desde obras populares a músicas de salón e valses.

Samuel Diz centra este proxecto en tres ángulos de visión: a recuperación de guitarristas que existiron e hai en Galicia e que escribiron pequenas pezas; e compositores galegos que se fixaron na guitarra para escribir a súa obra. Inclúe na súa visión aos compositores non galegos pero que tamén homenaxearon a Galicia coas súas obras.

As pezas que interpretará neste recital comentado, temas de autores como Rosa García Ascot, Jesús Bal y Gay, Frederic Mompou, José Chás, Oswaldo Oro ou Paco Barreiro entre outros, están incluídas no CD "Guitarra Clásica Galega", editado polo selo Ouvirmos en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

17 Abril 2013
Eventos