Recital de guitarra "DESTINO SUR", por Emilio Rúa
Cantautor galego, con 30 anos de traxectoria musical, interpretará temas que son reflexo da música pop-folk galega, inédita e versionada, que están incluídos no seu último traballo discográfico publicado "Destino Sur", que nace no sur de Galicia, pero que mira máis alá do Atlántico, ao outro sur dos EEUU.
Peña Romay (Lugo, 1952) estuda formación profesional e enxeñería, desenvolvendo a súa actividade laboral como técnico na industria eléctrica, compaxinando esta faceta coa pintura, a súa grande paixón. Aínda que a súa formación artística é autodidacta, compleméntaa con talleres de pintura, debuxo e técnicas de gravado.
Foi galardoado con distintos premios, accésit e mencións de honra en diversos certames de pintura. Realizou ilustracións para a obra poética de Xosé Otero Canto, En esta silandeira Cremalleira de auga (Río Miño), e para a revista poética lucense Xistral.
A súa obra foi exposta por distintas cidades galegas, formando parte de coleccións públicas e privadas.
Presenta unha colección de óleos e acrílicos de mediano e gran formato dos que sobresaen as paisaxes urbanas e algún tema de mar; sempre relativos a algunha cidade ou a algunha vista pintoresca do litoral galego. Tamén presenta nesta mostra varios gravados realizados con diversas técnicas, tratando sempre que a execución sexa a correcta así como a estampación. O seu gusto pola cor é evidente xa que manexa todas as gamas cromáticas, mesmo entrelazando as cores cálidas e frías, lixando e velando para enriquecer o cadro. Peña Romay segue fiel á orde e á beleza asumida polos clásicos, que son os seus grandes mestres, por iso os seus cadros nos falan da beleza e da vida, impregnan a nosa retina da mensaxe da arte, e camiñan cara ao construtivo e a verdade.
Coa versatilidade da súa pintura, Peña Romay usa nos seus cadros: formas, texturas, cores e figuras que lle dan un sentido emocional ao seu traballo continuado. Como resultado visualizamos estruturas xeométricas e coloristas nesas paisaxes urbanas das nosas queridas cidades galegas. Tamén afrontando ese reto persoal, ademais das paisaxes, preséntanos gravados con figuras humana que nos desvelan o propósito do artista e o seu interese polos ritmos curvos que orixinan certa mobilidade nas figuras, ritmos que evocan a orixe da nosa esencia. Esa xeometría visible ou oculta que nos murmura códigos a través das súas figuras fálannos da vida mesma e de existir.