Recital de guitarra "Homenaxe a Germán Lago, fundador da Orquesta Ibérica de Madrid, nos 50 anos do seu falecemento", por SAMUEL DIZ

Eventos
03/16/2017
03/16/2017
16/03/2017

Recital de guitarra "Homenaxe a Germán Lago, fundador da Orquesta Ibérica de Madrid, nos 50 anos do seu falecemento", por SAMUEL DIZ

-

Ao cumplirse 50 anos do falecemento de Germán Lago, o guitarrista e investigador Samuel Diz quere achegar ao público madrileño a figura deste músico de orixe galega nun concerto-comentado.

Unha interpretación actualizada das partituras que protagonizaron os programas e gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid.

O Salón de Fomento das Artes de Madrid acolleu en 1929 a presentación da Orquesta Ibérica de Madrid, agrupación de instrumentos de pulso e púa fundada e dirixida polo músico e mestre Germán Lago (Vigo, 1883 – Madrid, 1967). Ata maio de 1936 as súas actuacións foron continuas: no Círculo de Bellas Artes, no desaparecido Teatro de Fuencarral, no Teatro de la Comedia, no Ateneo, ou no Lar Gallego, así como as participacións na inauguración do Palacio da Prensa en 1930 ou na clausura da Exposición Nacional de Bellas Artes de 1932.

Unha primeira época da Orquesta Ibérica de Madrid que contou coa favorable atención e crítica da prensa, os contratos discográficos coa casa Odeón, xunto ao interese de compositores como Adolfo Salazar, Joaquín Turina, Emilio Lehmberg, ou o tamén galego residente en Madrid, Juan José Mantecón.

O guitarrista e investigador SAMUEL DIZ (Tui 1986) gradúase baixo a dirección de Gaëlle Solal no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla. Actúa en diferentes países dos continentes europeo, americano e africano, destacando as súas presentacións nas Universidades de Yale, no Harare International Festival of the Arts de Zimbabwe, así como na Fundación Juan March e no Palau da Música Catalá, onde recibe o Premio da Crítica "El Primer Palau" polo "estudo e coherencia do programa, demostrando unha alta seguridade escénica e un son moi diáfano coa guitarra".

Comprometido coa recuperación e difusión do patrimonio musical galego presentou Guitarra clásica galega, editado pola editorial Ouvirmos co apoio da AGADIC, o seu primeiro traballo discográfico que rescata a descoñecida identidade do instrumento en Galicia.

Seleccionado por INJUVE para as súas axudas á creación xove, ven de publicar o disco Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca (Poliédrica). Un crisol de composicións que toman a Federico García Lorca como punto de encontro do popular e do erudito da Xeración do 27", un legado intelectual e artístico que renovou a música española a partir do folclore como sustento e ente abstracto.

Alén das presentacións no Centro Generación del 27" de Málaga, na Bidebarrieta Kulturgunea de Bilbao ou nas Universidades de Boston e Cork, Samuel Diz participou no pasado mes de octubro no centenario da primeira visita de Lorca a Galicia xunto a Carolina Alba e Ian Gibson celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Samuel Diz completa o seu curriculum académico con diploma de posgrao en xestión de empresas musicais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, sendo na actualidade director artístico do festival Música no claustro organizado pola Catedral de Tui.

 

16 Marzo 2017
Eventos
Imaxes