Recital poético en torno ao poemario TÁNTALO (Premio de Poesía de Negreira Xosé M. López Gómez "Ardeiro") coa intervención da súa autora, Yolanda López
O evento contará, ademais, coa intervención dos escritores Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel e a actuación do guitarrista Pablo Pollo.
A filóloga ourensá presenta un traballo lírico no que contrapón a liberdade do ser humano que xoga coa doble moral dunha sociedade marcada pola ditadura de mercado coa persistencia da culpa.
Yolanda López (Ourense, 1976) é funcionaria de carreira na Administración de Xustiza. Licenciada en Filoloxía Inglesa, técnica en turismo, tradutora literaria e pintora pola Deputación de Ourense e o Centro Cultural de Arganzuela de Madrid, adicouse ao ensino medio e universitario.
Foi investigadora en diferentes universidades españolas e do estranxeiro, onde colaborou con diversas ponencias e artigos de ensaio.
É autora dos poemarios individuais premiados Verdugos (2006), Obertura sen héroe (2006), Grietas (2012), Temblor fiero (2013) e Moralla (2013).