Recital poético MULLERES NA TERRA. CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Eventos
03/12/2014
03/12/2014
12/03/2014

Recital poético MULLERES NA TERRA. CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

-

Participarán no recital as poetas Ana Cibeira, Yolanda López López e Luz Pichel, así como o alumnado de Galego no Espazo das Linguas Ibéricas.

Ana Cibeira publica dende 2003 en diversos medios. En 2011 sae o seu primeiro libro de poemas -e collages- Pintalabios (Toxosoutos) e en 2012, A morta (Barbantesa). Participou nos libros colectivos Letras novas (AELG, 2007), Transgeneración 1.0 (Centro Cultural Generación del 27, 2007), Sétimo andar, Poesía alén e pegadas (A porta verde, 2010 e 2011), Marés nos pousos do café e Madrid foi unha praia de baleas entre néboas do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid.

Yolanda López López. É licenciada en Filoloxía inglesa, técnico en turismo, tradutora e pintora; adicouse ao ensino medio e universitario. Actualmente é funcionaria de carreira no Ministerio de Xustiza. Investigadora en universidades galegas e no estranxeiro. Galardoada con premios literarios en Galicia e Madrid. Publicou poemas, relatos e artigos de opinión en xornais e revistas literarias. É autora dos libros de poesía: Verdugos impolutos (Concello de Rábade, 2005), Obertura sen heroe (Follas Novas, 2006), Grietas (Fendas) (Visión libros, Madrid, 2012), Temblor fiero (Lastura, 2013) e Moralla (Follas Novas, 2013).

Luz Pichel. É licenciada en Filoloxía Hispánica e foi profesora de ensino medio. Ten editados os seguintes libros de poesía: En lingua castelá: El pájaro mudo (Premio Ciudad de Santa Cruz de la Palma, 1991), La marca de los potros (XXIV Premio hispanoamericano de poesía Juan Ramón Jiménez, 2004); El pájaro mudo y otros poemas, 2006.

En lingua galega, Casa Pechada (XXVI Premio Esquío de Poesía en lingua galega, 2006).  No ano 2013 publica Cativa en su lughar/casa pechada na colección diminutos salvamentos da ed. Progresele. Reúne aquí a reedición de Casa pechada xunto cunha versión libre deste libro ao castrapo.

12 Marzo 2014
Eventos