Rolda de prensa-Presentación das novidades do stand de Galicia en FITUR 2013
O acto correrá a cargo da secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro Domínguez, e contará tamén coas intervencións do delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e a directora-xerente de TURGALICIA, Carmen Pita Urgoiti.
No acto presentaranse as novidades sobre a participación de Turismo de Galicia na próxima edición de FITUR, que se celebrará en Madrid do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
Os módulos nos que se dividirá o stand de Galicia en Fitur 2013 serán: Xeodestinos; Experiencias; Turismo de Cidade e Camiño de Santiago. Ademais, volverá a instalarse un dos espazos tradicionalmente máis visitados que é o dedicado á gastronomía, que será atendido polos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
Na sala de actos de stand de Galicia celebraranse case vinte presentacións de produtos, recursos e destinos solicitados por diferentes entidades turísticas galegas, dirixidas a medios de comunicación e entidades turísticas.