Rolda de prensa-Presentación do Programa ARDE LVCVS 2013. Concello de Lugo.

Eventos
05/21/2013
05/21/2013
21/05/2013

Rolda de prensa-Presentación do Programa ARDE LVCVS 2013. Concello de Lugo.

-

Declarada Festa de Interés Turístico de Galicia desde 2011, ARDE LVCUS é una festa xurdida para conmemorar a fundación de Lugo, a cal, durante varios días, revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada.

Durante os días 14, 15 e 16 de xuño, a cidade de Lugo convertirase de novo nunha urbe romana e os lucenses sairán á rúa caracterizados como cidadáns de Lucus Augusti. Esta edición estará dedicada ás mulleres, formándose un novo grupo que dará réplica ao Senado de Lucus.

A primeira edición do ARDE LVCVS tivo lugar no ano 2011, e desde entón cada ano está cobrando máis e máis importancia, tanto é así que no ano 2011 se declarou Festa de Interés Turístico de Galicia e no último ano más dun millón de persoas gozou da festa.

Durante esta celebración, a cidade recrea o seu pasado romano e castrexo, a xente caracterízase coas vestimentas propias do século II, e sae á rúa a gozar da festa, porque o ARDE LVCVS se vive principalmente na rúa, onde desde a mañá ata altas horas da madrugada se pode gozar dalgunha das distintas e variadas actividades que se celebran, entre as que podemos destacar os campamentos militares, onde se recrea a vida nun campamento romano; o Macellum, mercado onde podemos encontrar todo tipo de artesanía; o Circo Romano, festa romana por excelencia, onde podemos ver pelexas de gladiadores e carreiras de cabalos; vodas celtas e romanas, onde os namorados poden casar seguindo antigas tradicións...; venta de escravos, onde se recrea a compra-venta de persoas, práctica moi habitual na antiga Roma.

Tamén poderemos ver desfile de lexións romanas, poboados celtas, espectáculos de lume, maxia, contacontos e un sinfín de actividades que fan de Lugo unha auténtica cidade romana.

Merece a pena salientar que, ademais do concello, colaboran diversas asociacións para a celebración e ambientación do festival, encargándose elas mesmas de moitas actividades, como a Cohors III Lucensium, Caetra, Civitas Lucensis, Terra Copora, Lugdunum, Tebas Galaicas, Lucus Equites ou Tir Na N"og.

21 Mayo 2013
Eventos