Rolda de prensa-presentación dos actos programados para o ARDE LVCVS, polo concello de Lugo

Eventos
06/11/2018
06/11/2018
11/06/2018

Rolda de prensa-presentación dos actos programados para o ARDE LVCVS, polo concello de Lugo

-

Os días 15, 16 e 17 de xuño un fenómeno máxico apodérase de cada pequeno espazo da cidade de Lugo, transformándoa por completo e enchéndoa de personaxes ancestrais. Arde Lvcvs, declarada de Interés Turístico Nacional, significa retroceder no tempo para gozar dun legado cultural e histórico na antiga Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, serán as encargadas de presentar a programación do Arde Lvcvs MMXVIII, uns festexos para os que o Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro prepararon nesta edición unhas 350 actividades para todos os públicos, e en distintos espazos destacados da cidade, o 90% novidades. Unha programación apretada e chea de alternativas para todas as idades, onde todas as rúas e recunchos de Lugo estarán cheos de historia, dun pasado máis vivo que nunca.

Arde Lvcvs reúne os ingredientes que debe ter unha festa de recreación histórica: rigurosidade, fidelidade ao pasado, participación, que vai in crescendo, e con xente de distintos países de Europa..

Se O Arde Lvcvs se fixo grande estes 17 anos, foi grazas á participación do conxunto da cidadanía luguesa, de axentes sociais, de colexios, de clubs deportivos, organismos privados a través do patrocinio, Deputación de Lugo, e por suposto, das 17 asociacións de Lugo, que levan a cabo unha recreación histórica fidedigna en torno aos seus campamentos, que sosteñen un gran número de actividades da programación das festas.

Esta Festa de Interés Turístico Nacional arrincará o venres 15, ás 16:00 horas, coa apertura simbólica das portas da cidade, a cargo da Guardia Pretoriana. 

11 Junio 2018
Eventos
Imaxes