Rolda de prensa/presentación do "CELTIC MADRID (Festival de música celta)"
Preséntase a primeira edición de Celtic Madrid coa participación de bandas míticas do Folk céltico nacional e internacional.
Na rolda de prensa intervirá Javier Franco, produtor do festival, quen ao término do acto de presentación, ofrecerá unha breve actuación musical acompañado de Alfonso Blanco, guitarra.
Celtic Madrid será un encontro onde se poderá gozar dos sons tradicionais galegos de banda míticas como MILLADOIRO, ANXO LORENZO, JOSIÑO LIZ e CASTRO VERDE, o folk enraizado de A MUSGAÑA e unha das bandas máis admiradas da música celta escocesa como é CAPERCAILLIE.
Este festival celebrarase no Invernadoiro da Plaza de Toros de las Ventas os días 15 e 16 de febreiro.
MILLADOIRO, con novo disco no mercado (ATLÁNTICO) e cunha carreira artística internacional de 40 anos, onde comunicaron o espírito da música tradicional galega e, desde os seus comezos, mostraron o camiño a seguir aos valores galegos actuais da música en Galicia.
A MUSGAÑA, tras 30 anos de carreira musical, A Musgaña preséntanos un novo directo que tenta resumir parte do legado musical que foi elaborando disco a disco, concerto tras concerto, revisando vellas cancións que xa son imprescindibles no repertorio do folk ibérico.
XOSE LIZ, lidera por primeira vez o seu proxecto despois de 20 anos de traxectoria con Riobó, SondeSeu, Lizgario
entre outros. En 2018 decide lanzar o seu primeiro traballo (O Cantar dos Frautares) coas súas frautas de madeira como protagonista arroupado por Paula Gómez (violín) Chuchi (guitarra) e Roi Adrio ( percusións) que seguro sorprenderán a calquera tipo de audiencia.
CAPERCAILLIE, grupo mítico escocés liderado por KAREN MATHESON e DONALD SHAW e nesta xira coa colaboración especial de MICHAL MCGOLDRICK (frautista irlandés) onde presentan o seu último disco URRAM, despois de 30 anos de percorrer Festivais e Teatros ao redor de todo o mundo.
ANXO LORENZO, gaiteiro galego de renome internacional, o seu último traballo VORTEX, representa toda a experiencia e sensibilidade deste artista que leva mostrando a súa versatilidade durante a súa carreira nos mellores festivais de toda Europa (Celtic Connentions, Lorient, Ortigueira
)
CASTROVERDE, banda liderada por Josiño Liz (bouzoki, requinta, mandolina) e Alfonso Branco (guitarra acústica 12 e voz) completando a formación Marcos Campos (Director de Xarabal, gaitas, acordeón, whistles), Paula Gómez no violin e Laura Solla (guitarra acústica, eléctrica e dobro). Estilo influenciado por cada dos seus compoñentes con aires pop, folk, celta, americano