"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Eventos
11/22/2018
11/22/2018
22/11/2018

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

-

Conferencia de Enrique Álvarez Areces, Doutor en Xeoloxía, Instituto Xeolóxico e Mineiro de España: "XEOLOXÍA E ROCAS QUE FIXERON POSIBLE A CONSTRUCIÓN DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO NO CAMIÑO DE SANTIAGO"

Enrique Álvarez Areces é doutor pola Universidade de Oviedo (Escola de Enxeñeiros de Minas, Enerxía e Materiais) sendo Premio Internacional de Investigación Pentafinium Xacobeo 2013-2016; licenciado en Xeoloxía (Universidade de Oviedo) e Enxeñeiro Xeólogo (Universidade Complutense de Madrid).  Master en Recursos Xeolóxicos e  Xeotecnia (Universidade de Oviedo) e  Master en Xestión de Calidade e Medio Ambiente (Colexio de Enxeñeiros Superiores de Minas do Noroeste de España). 

Ten formación e experiencia no estudo dos materiais  pétreos empregados na construción do patrimonio arquitectónico monumental; e investigación para a realización de inventarios de canteiras históricas relacionadas co patrimonio arquitectónico construído.

Participou en numerosos proxectos sobre caracterización tecnolóxica de rocas de construción, caracterización  petrofísica,  xeoquímica e ensaios de alterabilidade de rocas. Está especializado en cartografía xeolóxica, exploración e explotación de rocas ornamentais. 

Ten experiencia na avaliación de tratamentos de conservación da pedra natural, así como a identificación de patoloxías e formas de alteración de pedra no patrimonio monumental, participando como experto no Subcomité "Conservación, restauración e rehabilitación de edificios" do Comité Técnico Nacional de Construción.

Son numerosas as publicacións internacionais e nacionais no ámbito das canteiras históricas, os materiais  pétreos e o seu uso no patrimonio arquitectónico monumental.

É autor do libro "De piedra" (2016), onde explica como  o estudo dos materiais pétreos de construción  ofrece unha nova visión do legado cultural do Camiño de Santiago.

22 Noviembre 2018
Eventos
Imaxes