"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Eventos
11/22/2018
11/22/2018
22/11/2018

"SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDIOS JACOBEOS", organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

-

Conferencia de Lioba Simon Schuhmacher, Profesora da Universidade de Oviedo. Vicepresidenta da Asociación VLTREIA para o fomento dos camiños xacobeos medievais: "HERBERT SIMON: UN ALEMÁN NO REDESCUBRIMENTO DO CAMIÑO"

Herbert  Simon (1921-2003) foi un dos pioneiros e probablemente unha das persoas que máis contribuíu á recuperación e á difusión do coñecemento do Camiño de Santiago, camiñándoo e estudándoo, recalcando o seu valor simbólico na unificación e reconciliación europea ("Andando sente Europa"). Nesa liña, contribuíu a impulsar a declaración do Camiño como itinerario cultural europeo, en 1987.
A conferencia versará, pois, ao redor da súa dedicación ao Camiño de Santiago.  Lioba  Schumhmacher ofrecerá un percorrido a modo de relato a través dunha selección do seu arquivo fotográfico e documental, abarcando as diversas facetas en que se desenvolveu, sempre de forma entregada e desinteresada. 

22 Noviembre 2018
Eventos
Imaxes