Xornadas "CONMEMORACIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DO PEREGRINO, OBRA DA ARTISTA MARÍA CARRETERO. Vila de Sarria-Lugo, km. 111 do Camiño de Santiago Francés"

Eventos
10/26/2016
10/26/2016
26/10/2016

Xornadas "CONMEMORACIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DO PEREGRINO, OBRA DA ARTISTA MARÍA CARRETERO. Vila de Sarria-Lugo, km. 111 do Camiño de Santiago Francés"

-

Relatorio de D. Marcelino Oreja Aguirre, presidente de Honra da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Filllo Adoptivo de Santiago de Compostela: "CAMIÑO DE SANTIAGO, CAMIÑO DE EUROPA".

Ás 12:30 horas terá lugar unha rolda de prensa-presentación destas xornadas, cuxa coordinación correrá a cargo de D. Domingo de Famara.

 

A RÚA DO PEREGRINO é a transformación dun espazo degradado, nun conxunto escultórico con incorporación de obras de arte, para contemplación da paisaxe, arboledo e río, e o descanso dos Peregrinos, cuxo inicio antes de cruzar unha ponte medieval, converteuse, a través da escultura, co soporte doutras disciplinas como arquitectura, enxeñería e urbanismo, nunha avenida de pedra e bronce, nunha cruz urbana, que atravesa a arteria principal do Camiño, ao paso dos últimos 111 km. antes de chegar a Santiago de Compostela.

A artista María Carretero deseñou a pavimentación, coma se fose un gran mural pictórico, en granito galego, lastra portuguesa e lousa. Incorporando obras de arte: 12 pezas únicas e orixinais, de grandes dimensións en granito de Zimbabwe, catro verticais e oito horizontais, a modo de asentos para os Peregrinos, situadas ao longo de todo a área da RÚA DO PEREGRINO, e denominadas pola autora expresamente "Monol-Fitos". Culminando o conxunto escultórico por unha obra monumental, en bronce e granito de Zimbabwe, como símbolo do PEREGRINO atemporal. Ao mesmo tempo, desenvolveu a creación de mobiliario urbano: lámpadas, papeleiras, varanda e xardineiras, plantando érikas ou flores de brezo, trazando así un conxunto artístico de gran harmonía estética e valor urbano.

A obra foi inaugurada en outubro de 1996 polo entón presidente da Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne.

Actualmente a obra está afectada pola intervención na ponte, como consecuencia das obras de encanamento do río, executadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), interrompendo tamén o paso dos Peregrinos. A autora desexa que se respecte a integridade de todo o conxunto da obra artística e que non se altere a esencia do pensamento e o ben común para o que foi creada.

26 Octubre 2016
Eventos
Imaxes