XXXI XORNADAS DE CULTURA GALEGA, organizadas por GRUGALMA (Grupo Cultural Galicia en Madrid): "CONMEMORACIÓN DO V CENTENARIO DO NACEMENTO DA SANTA E DOUTORA DA IGREXA TERESA DE ÁVILA"

Eventos
06/17/2015
06/17/2015
17/06/2015

XXXI XORNADAS DE CULTURA GALEGA, organizadas por GRUGALMA (Grupo Cultural Galicia en Madrid): "CONMEMORACIÓN DO V CENTENARIO DO NACEMENTO DA SANTA E DOUTORA DA IGREXA TERESA DE ÁVILA"

-

Interveñen no acto Manuel Mourelle de Lema, presidente da entidade organizadora, doutor en Filosofía e Letras e membro correspondente da Real Academia da Historia: Unha breve reflexión: ¿Teresa de Jesús, poetisa?" e Fernando Delgado Mesonero, doutor en Filosofía e Letras e membro de honra do Capítulo NN. Caballeros de Isabel la Católica e a súa Academia de la Hispanidad: "Homenaxe a Santa Teresa de Xesús nas súas dúas facetas: nacemento e beatificación".

Acompañará aos conferenciantes o Prior da Orde dos Carmelitas da Curia Provincial de Madrid.

Santa Teresa de Jesús y de Ávila foi unha muller cunha excepcional personalidade que sen recursos levou a cabo a difícil empresa da reforma da Orde do Carmelo. Foi unha muller do século XVI que debatiu cos sabios da Igrexa e coa sociedade que a rodeaba e que alcanzou os seus logros. Fundou 17 conventos en España, rexidos pola súa forma de entender a vida espiritual, e produciu unha inxente obra literaria que a converteu en figura destacada entre os escritores do Século de Ouro. Foi ela quen iniciou o movemento dos chamados místicos en Europa e máis tarde converteuse na patroa de todos os escritores en lingua española e en Doutora da Igrexa.

17 Junio 2015
Eventos
Imaxes