05/04/2023
PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA A NOVELA “MI FLOR DE LISS” DA ESCRITORA MARINIEVES GARABAL
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da novela, “Mi flor de Liss” da escritora con orixe en Santiago, Marinieves Garabal.
A autora estivo acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luis Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez.
Marinieves Garabal, coa súa consabida sutileza e sensibilidade sabe chegar a alma dos lectores. Conseguiuno nas súas tres anteriores novelas, así coma nos múltiples artigos publicados e faino agora con esta apaixoante historia de desamor, amor y múltiples emocións, “reflexo en moitas ocasións do que acontece na realidade”, sinalou Garabal.
05 Abril 2023
Notas de prensa