PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “GUÍA LER E VER LISBOA”

Notas de prensa
04/19/2023
04/19/2023
19/04/2023

PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “GUÍA LER E VER LISBOA”

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación do libro "Guía Ler e Ver Lisboa", de Patricia Portela e Rui Cardoso Martins. 

Interviñeron ademais dos autores, o xornalista e escritor Alfonso Armada. O acto contou coa presenza do Embaixador de Portugal, João Mira Gomes. 

Serrano destacou na súa benvida o vínculo tan especial entre Portugal e Galicia, “non só están irmáns por unha liña invisible que un día foi fronteira. Galicia e Portugal son irmáns por algo que une moito máis que iso, unha lingua. Por ese motivo, os galegos nos sentimos moi identificados co pobo portugués, porque saíndo de España cara a outro país europeo, os galegos percibimos que non saímos da nosa terra”, manifestou o director da Casa de Galicia. 

A guía percorre a capital portuguesa a través da mirada de vinte escritores e vinte ilustradores  dunha Lisboa secreta, nostálxica, imaxinaria, histórica, perdida, subterránea, a súa Lisboa sucia ou utópica.

Con esta guía o lector poderá percorrer os itinerarios máis inesperados de Lisboa e coñecer todas esas cidades diferentes que habitamos no noso día a día, e descubrir a vida dos barrios que compoñen a capital de Portugal.
 

19 Abril 2023
Notas de prensa
Imaxes