PRESENTACIÓN DO LIBRO "CLARA E O SEU DIARIO, NUNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA", DE ESTHER SESTELO LONGUEIRA NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
12/10/2023
12/10/2023
10/12/2023

PRESENTACIÓN DO LIBRO "CLARA E O SEU DIARIO, NUNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA", DE ESTHER SESTELO LONGUEIRA NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Acompañaron á escritora durante a presentación do libro: o Dr. Fernando Díez Moreno, vicepresidente da Fundación Tomás Moro, que presidiu a mesa; o Coronel D. José Pardo de Santayana e Gómez de Olea, presidente da Fundación Tomás Moro; o Dr. Pablo González-Pola da Granja, profesor, historiador e escritor; José Luís Nieto Aranda, poeta e escritor; e Nava Castro, alcaldesa do concello de Ponteareas.

Esther Sestelo é Doutora en Musicoloxía, Licenciada en Historia e Ciencias da Música. Con varios títulos de Profesor Superior de Conservatorio, é Funcionaria de Carreira ao Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas e ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas, ambas as na especialidade de Piano. Estudos de Diplomatura en Psicoloxía en España e Diplomada en Lingua Inglesa en EEUU, onde tamén realizou estudos de Doutoramento en Lingüística e Literatura Hispanoamericana, e de Máster en Piano e Música de Cámara (UCI).

Editado por Belagua, en galego e castelán, e coa colaboración da Fundación Tomás Moro, este é o cuarto libro de literatura infantil e xuvenil da serie "Clara e o seu diario", da Dra. Sestelo. Esta Catedrática de Conservatorio, profesora de universidade, académica, conferenciante e escritora relátanos como, a protagonista volve contarnos historias a través do seu diario falado. Trátase  de “unha aventura única e marabillosa”. Cos seus avós, viaxa de novo a Galicia para vivir intensamente unha festividade moi relevante.

10 Diciembre 2023
Notas de prensa
Imaxes