JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, ACOMPAÑOU Á CONSELLEIRA, MARÍA JESUS LORENZANA, AO ENCONTRO ORGANIZADO POR AEGAMA

Notas de prensa
12/13/2023
12/13/2023
13/12/2023

JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, ACOMPAÑOU Á CONSELLEIRA, MARÍA JESUS LORENZANA, AO ENCONTRO ORGANIZADO POR AEGAMA

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no encontro que a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo en Madrid no encontro “lOS ALMUERZOS DE AEGAMA”, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.

Durante a súa intervención, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para converter Galicia nun polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación. Neste ámbito, destacou a próxima posta en marcha da Oficina Económica de Galicia, que funcionará como única canle de interlocución coa empresa, e lembrou tamén que se vai a acometer un plan de aceleración de proxectos industriais, de tal maneira que se rebaixan as condicións para ser declarados estratéxicos.

13 Diciembre 2023
Notas de prensa
Imaxes