A CASA DE GALICIA ENCHEUSE PARA GOZAR DA PRESENTACIÓN DA MARCA TURÍSTICA “RIBADEO, A CONTRAPUNTO”

Notas de prensa
01/28/2024
01/28/2024
28/01/2024

A CASA DE GALICIA ENCHEUSE PARA GOZAR DA PRESENTACIÓN DA MARCA TURÍSTICA “RIBADEO, A CONTRAPUNTO”

 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación, “Ribadeo, a contrapunto”,  que reuniu na Casa de Galicia a personalidades de diversos sectores. 

Un encontro que serviu para dar a coñecer e potenciar a localidade, da que queren destacar a súa diversidade de atractivos, capaces de namorar aos visitantes, porque ten de todo e para todos.

Xa o nome elixido para a nova marca reflicte a harmonía da que presume a localidade "cunha singularidade propia", segundo destacou o alcalde ribadense, Daniel Vega, moi satisfeito do resultado dun acto que tivo como madriña á xornalista e escritora, gañadora do Planeta, Sonsoles Ónega. 

Ao termo da presentación, os asistentes gozaron de  degustación de produtos locais, elaborados por cociñeiros da vila de Ribadeo, e a música do mozo pianista, Guillermo Cruzado, tamén ribadense"
 

28 Enero 2024
Notas de prensa
Imaxes