A NOVA NOVELA DO XORNALISTA E ESCRITOR JACINTO RUIZ PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro “Cicatrices en la selva”, do xornalista e escritor, Jacinto Ruiz, vinculado durante toda a súa traxectoria profesional a La Voz de Galicia.
Estivo acompañado na presentación da súa nova novela por Xullo Acochea, presidente de ASOMEGA, e María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia.
A historia vira ao redor dun médico galego que se encarga de erradicar as vexigas no recentemente descolonizado Congo.
Baseada en feitos reais, “Cicatrices na selva” narra a historia do Dr. Jorge Martínez, médico da OMS, na Selva do Congo durante os convulsos anos 60 e 70, movido polo anhelo de extinguir definitivamente as vexigas no seu último reduto, África.