05/04/2024
TVE ELIXE A CASA DE GALICIA EN MADRID PARA GRAVAR UN EPISODIO DO PROGRAMA “AGORA OU NUNCA”
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, participou na gravación do programa 'Agora ou nunca', conducido polo xornalista Gonzalo Miró, e que se emitirá proximamente ás 14:10 h na 1.
Neste episodio, o director da Casa de Galicia, acompañado pola chef lucense Vitoria Maseda e polo propio Gonzalo Miró, puxo en valor Galicia e os seus produtos.
A pescada de Celeiro foi a protagonista deste programa, e sobre a que a chef explicou as súas virtudes e preparou este tradicional prato galego.
05 Abril 2024
Notas de prensa