JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPA NUNHA GALA BENÉFICA A FAVOR DA INVESTIGACIÓN DAS ENFERMIDADES RARAS

Notas de prensa
04/11/2024
04/11/2024
11/04/2024

JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPA NUNHA GALA BENÉFICA A FAVOR DA INVESTIGACIÓN DAS ENFERMIDADES RARAS

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na gala organizada pola Asociación Galega Corredor Alcalá de Henares, en favor da investigación das enfermidades raras celebrada no auditorio Paco de Lucía, de Alcalá de Henares. 

A gala foi presentada polas actrices de Castroverde Ana e Eva Celeiro.

Actuaron a banda lucense A Penúltima Sabinera, a banda madrileña de folk Dobrando o Mapa, que fusiona a música tradicional do norte e o sur da península, e o grupo de gaitas e percusión Vagalume, da Asociación Galega Corredor do Henares.

A gala contou, ademais, coa presenza da alcaldesa de Alcalá, Judith Piquet Flores.

11 Abril 2024
Notas de prensa
Imaxes