16/05/2024
IURISGAMA ORGANIZA NA CASA DE GALICIA EN MADRID UNHA CONFERENCIA PARA ABORDAR OS RISCOS PSICOSOCIAIS NO ÁMBITO LABORAL
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu a Dra. Reyna Briz Franco Ortiz, organizada pola Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, e que leva por título “Riscos psicosociais e calidade de vida, retos e perspectivas en México”.
A conferencia tivo por obxecto analizar os riscos psicosociais derivados da operación empresarial, a súa desconexión coa normativa e o seu enfoque baseado en dereitos humanos, “o cal resulta esencial para construír unha contorna laboral máis xusto , seguro e produtivo, beneficiando tanto aos traballadores como ás empresas”, dixo a conferenciante Briz Franco, que foi presentada polo presidente de IURISGAMA, Carlos Lema.
16 Mayo 2024
Notas de prensa