A Casa de Galicia acolleu a presentación oficial en Madrid do "VI Congreso Mundial do Xamón" que se celebrará en Lugo o próximo outono

Notas de prensa
04/07/2011
04/07/2011
07/04/2011

A Casa de Galicia acolleu a presentación oficial en Madrid do "VI Congreso Mundial do Xamón" que se celebrará en Lugo o próximo outono

Medios e profesionais do sector alimentario déronse cita esta mañá na Casa de Galicia para coñecer os pormenores do VI Congreso Mundial do Xamón, un evento bianual que, por primeira vez celebrarase nunha cidade galega. Será en Lugo, os días 21, 22 e 23 de setembro. Na presentación oficial interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes e Turismo do Concello de Lugo José Manuel Díaz Grandío; a directora de Mercadotecnia do Grupo COREN, María Gómez Franqueira; o director do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e presidente do Comité Científico do Congreso Miguel Fernández; o coordinador de Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) e secretario do Comité Científico e Organizador do Congreso José Antonio Carril, e Eduardo J. Núñez Torrón, presidente do Comité Organizador do Congreso e presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Madrid, 7 de abril de 2011. - Medios e profesionais do sector alimentario déronse cita esta mañá na Casa de Galicia para coñecer os pormenores do VI Congreso Mundial do Xamón, un evento bianual que, por primeira vez celebrarase nunha cidade galega. Será en Lugo, os días 21, 22 e 23 de setembro. Na presentación oficial interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes e Turismo do Concello de Lugo José Manuel Díaz Grandío; a directora de Mercadotecnia do Grupo COREN, María Gómez Franqueira; o director do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e presidente do Comité Científico do Congreso Miguel Fernández; o coordinador de Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) e secretario do Comité Científico e Organizador do Congreso José Antonio Carril, e Eduardo J. Núñez Torrón, presidente do Comité Organizador do Congreso e presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

José Ramón Ónega, como anfitrión do acto, deu a benvida aos intervenientes e asistentes e destacou nas súas palabras a relevancia "deste importante congreso na Casa de Galicia e tamén para a cidade de Lugo que o acollerá". En relación ao xamón asegurou que non é un alimento, é un tesouro".

Eduardo Núñez Torrón, quixo en primeiro lugar, sinalar "a excelente e inmellorable impresión que me levo da Casa, que en Madrid nos representa. Sabía dela pola prensa pero é a primeira vez que a visito e teño que dicir que, me vou moi contento da nosa representación en Madrid, tanto polo inmoble coma por quen está á fronte, que por algo é tamén de Lugo," dixo. O presidente da Cámara de Comercio destacou a importancia deste congreso sobre a base de que "relanzará a industria do sector porcino en Galicia ao ser o seu epicentro mundial durante os tres días de duración". Así mesmo agradeceu o apoio institucional e do sector privado e o esforzo dos comités organizador e científico.

Pola súa banda, José Antonio Carril comentou o cambio nas datas do congreso (estaba previsto do 27 ao 29 de setembro, e finalmente será do 21 ao 23) "debido a que coincide coa Feira Internacional de Zafra e non podemos ir contra o sector, duplicando dous eventos desta importancia". Incidiu no apoio do resto do sector xamoneiro español ao evento (Teruel, Guijuelo, Huelva?) e resaltou o traballo do presidente e vicepresidentes do comité Científico (Miguel Fernández, Ventás Barroso, López Bote e Jacinto Arnau). Tamén comentou a presenza do congreso en eventos promocionais como a feira de Lisboa, París, e o próximo Salón de Gourmets en Madrid.

Miguel Fernández suliñou a importancia do sector cárnico español: 5ª industria en facturación, 19.000 millóns de euros, 90.000 postos de traballo, 3.000 pymes, o 2% do PIB. E tamén respecto ao sector porcino, que supón o 60% da industria cárnica, que exporta un terzo da súa produción. E dende o punto de vista científico falou de cómo o Congreso tratará todos os puntos da cadea do xamón: produción, transformación, comercialización e consumidor. Serán 40 relatores de toda España, Portugal, México, Francia, Alemaña e Italia. E recordou que España é a cuarta potencia en porcino e a primeira potencia en xamón do mundo.

Para María Gómez Franqueira "todas son vantaxes". Non hai dúbida de que será "bo para Galicia e bo para Coren" pola enorme repercusión que xerará a todos os niveis. Evocou os inicios do Grupo Coren en alá polos anos 50 en Ourense e a súa entrada en Madrid nos anos 60, onde "hoxe posuímos un mercado moi consolidado". Aínda que polo e ovos son os seus produtos de referencia, incidiu na crecente importancia da súa produción xamoneira, iniciada hai 15 anos, e que "hoxe supón en Galicia traballo para 800 persoas e unha produción de medio millón de xamóns ao ano". Destacou a aposta do Grupo pola trazabilidade e o benestar animal e os seus proxectos de futuro, centrados na oferta de novas formas de comercialización do produto (en menores cantidades, loncheado...) e a exportación a países como México, Xapón, Inglaterra, Francia ou máis recentemente Estados Unidos.

Pechou a presentación, José Manuel Díaz Grandío: que resaltou a importancia para a provincia e cidade de Lugo deste evento, que é idóneo polo carácter rural e gandeiro da provincia e pola importancia crecente da súa industria jamonera. "Lugo é unha cidade que aposta polo turismo congresual, e dende aquí lles invito a que acudan ao congreso e aproveiten para coñecer e gozar da cidade e dos seus moitos atractivos, sen esquecer o sempre: E para comer, Lugo".

07 Abril 2011
Notas de prensa
Imaxes