FAGAMA conmemora en Madrid, cunha xornada de cultura e festa, o Día das Letras, e mais o Día de Galicia
A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a primeira parte da xornada que a Federación de Asociacións Galegas en Madrid, formada por a maioría dos colectivos culturais e profesionais da comunidade, da xornada para conmemorar o Día das Letras e máis o día de Galicia, cun acto cultural a conferencia de Armando Requeixo, sobre "Xosé María Diaz Castro" e a actuación musical de Uxía Senlle-, que completaron cun xantar e unha festa na localidade de Griñón a donde se desplazaron todos.
Na Casa interviñeron, tras unha breve actuación do grupo de gaitas de Xuntanza de Alcobendas, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o presidente e secretario de FAGAMA, Ovidio Cadenas e Fernando Gómez; e mais o conferenciante Armando Requeixo que é doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago; profesor e crítico literario, é membro da Sección Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Española de Críticos Literarios e do PEN Galicia.
Para Ónega, "é un pracer, contar con todos vos nesta Casa. A todos o meu agradecemento, a miña gratitude a a miña solidaridade para canto precisedes", dixo, dirixíndose as preto de cen persoas que asistiron. Para Ovidio, "cada centro e asociación fai as súas propias actividades pero este é un acto conxunto, no que tamén colabora a secretaría xeral de Política Lingüística, e no que participamos todos, é isto é o bonito".
Armando Requeixo, un entusiasta da biobibliografía diazcastriana, acompañou as súas palabras con imaxes sobre o escritor e a súa obra que proxectou a medida que avanzaba na súa disertación, para facela moito máis atractiva. Baixo o título "Xosé María Díaz Castro: a viaxe circular", escritor homenaxeado este 2014 no Día das Letras Galegas, do que dixo que "el, que é lembrado polo célebre poema "Penélope", foi todo un Ulises Odiseo, pois naceu en Guitiriz, viviu de mozo e adulto en diferentes localidades de Galicia, emigrou a Madrid e, nos derradeiros anos da súa vida, completou unha viaxe circular regresando á súa Ítaca particular na Chaira luguesa".
Requeixo, especialista en Díaz Castro sinalou que además de admirable por ese "monumento literario que é Nimbos", tamén o é polo conxunto da súa obra en galego que vai moito máis alá dos trinta e dous poemas de Nimbos, xa que en "Poesía galega completa" poden lerse máis de dous centos. Outra faceta que realtou Requeixo foi a do Díaz Castro tradutor, explicando que "dende moi novo se formou no Seminario e logo adquiriu autodidactamente gran cantidade de linguas, de xeito que chegou a dominar, en diferentes graos, galego, castelán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán, catalán, vasco, neerlandés, sueco, noruegués, danés, ruso, ucraíno ", e foi por tanto un dos máis completos tradutores da España da época, como o fixo ca obra de Jensen, Pontoppidam ou Heidenstam, de Iam Fleming (protagonizadas polo célebre James Bond) ou de poetas como Rilke (que verteu dende o alemán), Valéry (dende o francés) ou Chesterton (dende o inglés).
Na súa conferencia, Requeixo realizou tamén un completo percorrido polos principais socalcos biográficos do escritor, subliñando a súa longa estadía madrileña e como, segundo asegurou, "Díaz Castro estaba agradecido a Madrid porque aquí puido desenvolverse profesionalmente como tradutor e porque nel viviu o seu matrimonio e axudou a criar e estudar os fillos", pero sempre se considerou un "transterrado" pois "todo o seu sentimento, todo o corazón tívoo sempre en Galicia". Non quixo rematar Requeixo sen lembrar que o Ano Díaz Castro que celebramos trouxo tamén "a posibilidade de descubrir outras facetas autoriais menos coñecidas de Díaz Castro, como a súa poesía en castelán, hoxe felizmente escolmada no volume Sombras radiantes y otros poemas ou a ocasional versificación en alemán, francés ou latín, aos que cumpriría aínda engadir algúns minirrelatos humorísticos en galego publicados na prensa ou puntuais artigos e textos ensaísticos tamén aparecidos en revistas e xornais".
Armando Requeixo foi obsequiado cunha placa conmemorativa "como recuerdo de FAGAMA, de seu paso pola Casa e de esta especial xornada", dixo Ovidio.
Tras a presentación de Fernando Gómez, "coa doce voz, armoniosa e viva", Uxía Senlle fillo unha sentida interpretación do concerto "Meu canto" que foi moi ben acollida e desfrutada, na que tamén participou activamente o público, con momentos de fonda emoción.
O acto rematou cunha ampla foto de familia na que todos posaron sorrintes, antes de sair a desfrutar do resto da festiva xornada.
SALUDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DE LA XUNTA DE GALICIA EN MADRID,