O profesor Alonso Montero presentou en Madrid a súa última publicación, dedicada ao lingüista Aníbal Otero, a súa época histórica e as súas circunstancias persoais

Notas de prensa
04/11/2011
04/11/2011
11/04/2011

O profesor Alonso Montero presentou en Madrid a súa última publicación, dedicada ao lingüista Aníbal Otero, a súa época histórica e as súas circunstancias persoais

Ónega: "É un libro imprescindible, esencial e necesario. Alonso Montero regálanos un tesouro para coñecer mellor Galicia, aos que sufriron polas súas ideas e aos que loitaron pola súa terra".

"Aníbal Otero estaba chamado a ser un dos alicerces da moderna filoloxía galega, mestre e guía das seguintes xeracións de investigadores da lingüística galega dende a Universidade de Santiago de Compostela, papel que non puido cumprir", dixo Anxo Lorenzo.

Madrid, 11 de abril de 2011. - A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta noite a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil en ou franquismo, de Xesús alonso Montero. O acto contou coa participaciónde, ademais do autor, do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo; a catedrática de Filoloxía Catalá da Uned, Julia Butinyà e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega como presentador e anfitrión.

Ónega, citando a Alcott dixo: "un bo libro é aquel que se abre con expectación e se pecha con froito". É o que lle aconteceu co do profesor Alonso Montero. Confésolles, que para min, foi unha revelación. Comecei a lelo esta semana e non puiden parar ata finalizalo. Porque esta biografía de Aníbal Otero, é un libro ben escrito, ben documentado, que non só ten mensaxe, senón que descobre, analiza e fixa unha época da nosa historia".

Para Anxo Lorenzo o autor e profesor Xesús Alonso Montero, é "un dos precursores da sociolingüística galega e cronista fértil e agudo da historia social da lingua galega ao longo do século XX".

A catedrática de Filoloxía Catalá da Uned, Julia Butinyà, ofreceu unha visión fotográfica do acontecido e describiu os acontecementos afastados, "dende a óptica con zoom", ata os máis recentes, "case de onte".

Pola súa banda, o autor, expuxo as circunstancias históricas e vitais que truncaron unha gran carreira. Narra nas primeiras 200 páxinas a súa vida de "suplicio e infortunio" para mostrar na segunda parte "o que podería ter acontecido ata que tivese sido o meu profesor en Compostela".

Aníbal Otero colaborou con Menéndez Pidal enviándolle as súas propias recompilacións orais. Foi discípulo de do insigne fonetista Tomás Navarro e un dos máis activos colaboradores do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) con só 24 anos. Puido ser un dos máis grandes referentes da filoloxía de Galicia, pero coa Guerra Civil, foi detido, encarcerado, xulgado e sentenciado. Cando saíu dedicouse a labores agrícolas. Os expedientes da Complutense foron destruídos na guerra, (só lle faltaban dúas materias para rematar Filoloxía). Nunca retomou os seus estudos e ademais o seu único fillo naceu con espiña bífida. Con 63 anos "deixouse morrer" porque se sentía "incapacitado para todo". O seu fillo ten agora esa idade e pode vérselle coas súas muletas polas rúas de Vigo, contou Montero

11 Abril 2011
Notas de prensa
Imaxes