Conferencia "O VENERABLE LUIS DE TRELLES E GALICIA", por D. Antonio Troncoso de Castro, organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid (FAGAMA)
Antonio Troncoso de Castro, presidente da Fundación Luis de Trelles e membro da comisión que promove a súa causa de canonización, acercaranos á figura do galego Luis de Trelles y Noguerol, fundador da Adoración Nocturna Española e precursor do Dereito Internacional no século XIX.
O acto estará presentado por Francisco Fontecilla Rodríguez, Dr. pola Universidade de Bolonia, profesor de Dereito Procesal na Universidade de Granada e Perito en Histoira na Causa de Canonización de Luis de Trelles y Noguerol.
Avogado dos pobres e apóstolo da Eucaristía. Trelles foi un home dunha fe profunda, cun grande espírito caritativo que se transformou en importantes obras e un home valente que non tivo medo a enfrontarse aos poderosos da súa época con tal de defender a fe e á Igrexa, segundo Antonio Troncoso de Castro, presidente da Fundación Luis de Trelles e membro da comisión que promove a súa causa de canonización. Un proceso que se abriu en 1994 e que acaba de dar un paso importante coa aprobación do decreto do Papa polo cal declara venerable ao fundador da Adoración Nocturna Española.
Este recoñecemento oficial significa que a Igrexa xulga que este avogado, político e xornalista nacido en Viveiro (Lugo) en 1918 viviu as virtudes cristiás en grao heroico.
Luis de Trelles foi o primeiro fiscal do Xulgado de Artillería e Enxeñeiros do Departamento Militar e auditor de guerra. Logo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deputado; primeiro por Viveiro e logo por Girona. Tamén foi fundador de varios diarios e revistas, pero sobre todo, foi avogado dos pobres, como entón se denominaba aos letrados de oficio que defendían aos marxinados sen recibir retribución ninguna.
O seu profundo sentido da xustiza e a caridade levouno mesmo durante a III Guerra Carlista a crear unha comisión para os canxes de prisioneiros, da cal terminou como comisario xeral de Canxes. A súa perseveranza e empeño permitiulle librar da morte ou o cativerio a máis de 20.000 prisioneiros adiantándose ao dereito humanitario internacional en máis de 50 anos.