Inauguración da exposición de pintura de ALFREDO LABAJJO GRANDÍO
Nesta exposición aprézase a corista aproximación do pintor á arte figurativa, preto do expresionismo non formal e achegada á banda do costumismo, no que atinxe aos temas. A inauguración contará coa asistencia de José de Cora, director xeral do xornal "El Progreso". A mostra poderá visitarse ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Alfredo Labajjo nace en Lugo en 1939. En 1951 asiste a clase co pintor vilalbés Antonio Ínsua Bermúdez, profesor de pintura e debuxo. Acabada a carreira de Enxeñería Técnica Industrial, comeza a pintar xunto ao seu curmán Tino Grandío. Durante os anos 1962 e 1963 aprende do catedrático e gran mestre, Pedro Mozos, quen intenta que ingrese na Escola Superior de Belas Artes. Ponlle á súa disposición un aula, proporciónalle teas, pinceis, pintura e modelos durante un ano. Alfredo saltábase as normas e os cánons establecidos. Pintaba o que quería e cando quería. Cando se despide del, dille que é un artista en potencia e que nunca deixe de pintar.
Comeza a viaxar por toda Europa. En 1969, asiste en Aviñón á Exposición erótica de Picasso, onde coincide co pintor, que lle anima a continuar.
O seu camiño expositivo comeza en 1973, enviando uns lenzos ao Casino La Unión de Sarria e ás Bienales de Pontevedra. En 1974, inaugura a súa primeira exposición individual no Paraninfo da Deputación Provincial de Lugo, para a que lle foi concedida unha bolsa por Belas Artes; foi presentado por Uxio Novoneira e Ánxel Fole. Ao mesmo tempo comeza a formar parte dos pintores das galerías: Juana Mordó, Fauna"s, Rojo y Negro e Kandinsky de Madrid, na Biblioteca Nacional, para a que tamén lle foi concedida unha bolsa. Volve a facelo en Lugo en 1978 na Deputación Provincial, cun gran éxito de crítica e público. En 1980, na galería Fratelli da Coruña. En 1981, na galería Noveccento de Vigo. En 1985, na galería Toison de Madrid, presentado por Celso Emilio Ferreiro. E sempre retornando aos seus Ancares da alma para osixenarse. En 1988, na galería S . M. Arte-Nóreas de Lugo, presentado por Trapero Pardo. En 1991, na galería Sargadelos de Santiago de Compostela, presentado por Antonio Fraguas e Uxio Novoneira. Nesta exposición adquire varios cadros a Xunta de Galicia. En 1997, participa na galería Catalonia en Artexpo- Barcelona. En 1999, coa mesma galería en Artexpo- Sevilla. En xaneiro do 2000, na sala Almirante de Lugo. En 2001 en Revistart. En 2002 na cuarta edición de Artexpo-Sevilla coa mesma galería Catalonia de Barcelona. En 2002 no catálogo Nacional de Arte (Canart) e en 2012 na Deputación Provincial de Lugo.
O seu estilo está entre un expresionismo-bucólico e un fauvismo-violento, polos seus temas mitolóxicos e simbólicos e pola forza da color e a súa vigorosa policromía.