Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, “o Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel xunta.gal
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
- Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.
Política de cookies
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
- cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
- cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
- cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
- cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
- cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
- cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
Configuración das cookies
Cookie | Tipo | Temporalidad | Titularidad | Finalidad |
|---|---|---|---|---|
JSESSIONID | Técnica | Sesión | Propia | Identificar la sesión activa de navegación. |
LFR_SESSION_STATE_#ID# | Técnica | Temporal | Propia | Identificador de la persona usuaria en el CMS. |
GUEST_LANGUAGE_ID | Técnica | Temporal | Propia | Guardar el idioma principal de la navegación. |
COOKIE_SUPPORT | Técnica | Temporal | Propia | Comprueba el soporte para las cookies del navegador. |
_ga | Analítica | Persistente | Ajena. Condiciones del servicio. | Distinción entre personas usuarias. |
_gid | Analítica | Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Distinción entre personas usuarias. |
_ga_#id# | Analítica | Persistente | Ajena. Condiciones del servicio. | Mantiene el estado de la sesión. |
_gat_gtag_UA_#id# | Analítica | Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Almacena el identificador único de la persona usuaria. |
Otras cookies en uso por Google Analytics | Analítica, Personalización, Funcionalidad | Persistente, Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Diferencian a las personas visitantes y analizan su comportamiento en línea. |
VISITOR_INFO1_LIVE | Funcionalidad | Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Permite detectar y resolver problemas con el servicio. |
YSC | Seguridad | Sesión | Ajena. Condiciones del servicio. | Garantizar que las solicitudes de navegación provengan de una persona y no de otros sitios. |
_GRECAPTCHA | Seguridad | Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Permite diferenciar a las personas de los bots. |
Otras cookies presentes al hacer uso de los servicios de Google | Funcionalidad, Seguridad, Analítica, Publicidad y Personalización | Persistente, Temporal y Sesión | Ajena. Condiciones del servicio. | Mejoran la seguridad y experiencia de uso de las personas usuarias en su navegación. |
_rspkrLoadCore | Funcionalidad | Sesión | Ajena. Condiciones del servicio. | Comprueba la carga del módulo de lectura. |
ReadSpeakerSettings | Personalización | Temporal | Ajena. Condiciones del servicio. | Guarda las preferencias de uso. |
Transferencia Internacional de datos de cookies propias
Opción A: sen transferencias internacionais
- No se teñen previstas transferencias internacionais de datos.
Opción B: con transferencias internacionais
Transferencia internacional de datos a países que contan:
Decisión de adecuación
Das cookies propias mencionadas anteriormente, están previstas transferencias internacionais de datos a países, territorios ou un ou varios sectores específicos dese país ou organización internacional que fose declarado de nivel de protección adecuado pola Comisión Europea (artigo 45 RXPD).
Garantías adecuadas
Das cookies propias mencionadas anteriormente, están previstas transferencias internacionais de datos mediante a achega de cláusulas contractuais tipo adoptadas pola Comisión como garantía adecuada (artigo 46 RXPD).
Consentimento explícito
Das cookies propias mencionadas anteriormente, en ausencia dunha decisión de adecuación e de garantías adecuadas, están previstas transferencias internacionais (artigo 49.1.a RXPD) mediante a achega do seu consentimento explícito – quedando informado do risco de realizar a transferencia sen nivel de adecuación ou de garantías apropiadas baseada no seu consentimento xa que pode afectar os seus dereitos fundamentais.
Cookies de terceiros
As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste Portal son de dous tipos:
- Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
- Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido do Portal nas redes sociais de Facebook e Twitter e só se descargan polas propias redes sociais no caso de que as persoas usuarias empreguen esta funcionalidade e accedan ás ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Facebook e Twitter. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fóra da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitadas no cadro.
Transferencias internacionais de cookies de terceiros
Pode informarse das transferencias internacionais a terceiros países que, no seu caso, realizan os terceiros identificados nesta política de cookies nas súas correspondentes políticas (ver as ligazóns facilitadas no apartado “Editor”).
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
- Google Chrome: como borrar, habilitar e administrar cookies en Chrome
- Microsoft Edge: datos de navegación e privacidade
- Mozilla Firefox: información que os sitios web gardan no equipo do usuario/a
- Safari: como xestionar cookies e datos de sitios web en Safari no Mac
- Safari (iPhone e iPad): como borrar o historial e as cookies de Safari no iPhone, iPad ou iPod touch
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento xeral de protección de datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Condicións e termos de uso do portal web da Casa de Galicia
Cláusula de exención de responsabilidade
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuaran os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Casa de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
A Casa de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Administración da Casa de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas ás que se fai referencia na web.
A Casa de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Reprodución
A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.
Caixas de correos
A Casa de Galicia non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, salvo as do propio departamento. A información obtida a través dos caixas de correos contidas nestas páxinas ten carácter soamente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante algún.
Servizo
Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume responsabilidade algunha respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta das presentes páxinas.
Recomendacións de acceso
A Casa de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Google Chrome, Internet Explorer, Safari, etc.
En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de, como mínimo, 1024 x 768 pixels.
Termos de uso
- Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
- Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
- O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida.