Exposicións
al
Do 9 ao 31 de xaneiro a Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición de pintura "Anxos 2" da artista galesa, fincada en Ourense, Gill Bird.
Esta pintora fala na linguaxe universal da creación artística para que todos que contemplan a súa obra poidan entender o seu complexo e rico mundo, constituído pola inmensa vida que a rodea na Casa Grande de Soutullo (Coles), o seu taller artístico, no que nacen os seus cadros. A súa pintura reflicte a aparencia dos obxectos, paisaxes ou figuras. Representa imaxes reconocibles do mundo real, pero non como todos os demais vémolas, senón que son…
al
Dise que os personaxes do entroido non se disfrazan, vístense.
"Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.
Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.
O resultado son esculturas-personaxe "vestidas" de mobiliario ou ao revés - xa sexa unha mesa, un andel, un armario, unha lámpada, un pupitre escritorio, un botellero, unha cadeira, un espello, etc. en paralelo cos motivos do entroido.
As obras…
al
A Casa de Galicia en Madrid exhibe a mostra conmemorativa do 40 aniversario do Parlamento autonómico
• Foi inaugurada o pasado xoves, 15 de decembro e pode visitarse ata o 29 de xaneiro.
• Entre outros materiais, a exposición inclúe a Proposta de Consello de Galicia, documento manuscrito de Castelao datado ao redor de 1943.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá, entre o 15 de decembro e o 29 de xaneiro, a exposición "O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021", que repasa os feitos máis destacables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución…
al
A artista, natural de Millarouso de Valdeorras (Ourense), presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra máis recente. Trátase dun traballo no que se poderán contemplar 14 óleos rebosantes de cor, coa temática común dos músicos do Pórtico da Gloria.
No acto de presentación, que tivo lugar o 3 de novembro, Lola Doporto estivo acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Tal e…
al
Paco Ascón nace en Barcelona. Apartado dos seus pais polas tráxicas circunstancias derivadas daqueles difíciles momentos de postguerra, a súa educación inicial desenvólvese no seo da familia dos seus tíos. Pronto se aprecia nel un considerable afán por representar nos seus debuxos, de forma autodidacta e animado polos seus profesores, todo o que ve, significando aquilo o inicio dunha vida dedicada á arte. Unha afección que se convertería en algo vital desde os dezaoito anos e, que grazas aos consellos maxistrais dalgúns dos artistas de talla internacional cos que tivo a oportunidade de…
al
Leopoldo Fernández Varela (Porriño, 1929-Vigo, 2007) iniciouse na pintura moi nova, e xa con 25 anos realizou a súa primeira exposición individual. Desde entón, e durante o resto da súa vida, dedicouse de maneira incansable á pintura, participando de maneira continuada en exposicións individuais e en colectivas de pintores galegos, tanto en diferentes cidades de Galicia como en Madrid.
Nos seus primeiros anos decantouse pola acuarela. Nos anos 60 e 70 participou nas Exposicións Rexionais de Arte e nas Bienales Nacionais, obtendo a Medalla de Prata na modalidade de acuarela na II Bienal…