Exposición ENTROIDO, MOBILIARIO VESTIDO, ESCULTURA, de Ángel Manuel Rodríguez Romero "Piquico"

Exposicións
01/09/2024
01/31/2024
09/01/2024 - 31/01/2024

Exposición ENTROIDO, MOBILIARIO VESTIDO, ESCULTURA, de Ángel Manuel Rodríguez Romero "Piquico"

Dise que os personaxes do entroido non se disfrazan, vístense.

"Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.

Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos  personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.

O resultado son esculturas-personaxe "vestidas" de mobiliario ou ao revés - xa sexa unha mesa, un andel, un armario,  unha lámpada, un pupitre escritorio, un botellero, unha cadeira, un espello, etc. en paralelo cos motivos do entroido.

As obras son basicamente figurativo-xeométricas nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía. Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de ensamble, de bloque ou de desbaste. Móstrase desde o máis duro todo o máis branco ou o máis áspero, xogando coa cor ou a textura provocados polas ferramentas e a forma. O material utilizado é sobre todo madeira, de varios tipos, tamén lousa, pedra, papel de parede, mármore, granito, ferro ou a iluminación. Os acabados van desde os naturais ou pulidos, policromía, pigmentación, lacado ou lustre, dando brillantes transparencias de cor, efectos de esmaltado. A propia materia orgánica, xunto coas cristalinas transparencias ou material lacado, simbólicamente contrapostos, tentan conciliarse e simbolizar o representado.

Piquico é unha artista recoñecido a nivel nacional que levou a cabo exposicións e actividades artísticas relacionadas co mundo e a cultura do entroido relacionadas coas súas raíces na zona oriental de Ourense.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

NOTA: As  exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas están a ter lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos. 

09 Xaneiro 2024
-
Exposicións
Imaxes