Notas de prensa
A "Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia" alzouse co prestixioso Premio IWC Merchant Awards
"Énchenos de orgullo que o máis alto galardón do sector da enogastronomía europea recaese nesta Guía, específica de Galicia, que este ano cumpre a súa décima edición e que xa tivemos o pracer de ter nesta Casa da man dos seus responsables en presentacións de edicións anteriores", manifestou Ónega, quen tamén lembrou que o seu avó dedicábase á venda de viño.
O director da publicación, Luís Paadín, valorou que "o mundo do viño de Galicia superou unha nova etapa de madurez ao facerse, por primeira vez na súa historia, unha publicación específica sobre a súa produción con tan prestixioso…
O promotor e alma, tanto do acto como do propio museo, é o enxeñeiro técnico agrícola e "labrego", como a el mesmo gústalle definirse, Marcos Vázquez Marey, quen montou MUVICLA na a pequena localidade lucense de Trasliste (Láncara).
MUVICLA é moito máis que un museo de tractores e apeiros de labranza ao uso, pois trátase dun "museo vivo, dado que todo o que nel se mostra, funciona".
A presentación contou co apoio de membros das diferentes administracións así como de destacados profesionais do sector da maquinaria agrícola a quen Vázquez Marey puido ofrecer a súa visión da…
Interviñeron na presentación Vicente Araguas, o presidente do Grupo Editorial Sial- Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada, e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega.
Jiménez explicou que cando a obra "estaba a piques de enviarse a imprenta produciuse o falecemento do seu autor, en marzo deste ano". "Impresiona o feito de que escribise estes 74 poemas aos seus 74 anos, coma se adiviñase o seu destino de broche final, de recapitulación existencial á súa brillante obra, considerada como…
Na presentación participaron o seu autor e director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos, o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés, o director da editorial, Henrique Alvarellos, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen interveu en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.
Jiménez lembrou que a senda detallada na guía "remóntase a tempo dos romanos e acolleu logo a peregrinos e camiñantes desde…
"Retomamos hoxe os cursos de galego que tanto prestixio tiveron en edicións anteriores e que por avatares administrativos interrompéronse temporalmente", sinalou Ónega, confiado en que "esta nova convocatoria supere a aceptación inicial das anteriores da man da profesora Paula Cousillas". O delegado lembrou que "o idioma galego ha pasado por distintas visicitudes socio-políticas" ao longo da historia, que foron "desde a súa aceptación máis ou menos parcial no século XIX á súa negación durante a ditadura e posterior restauración na democracia". "Hoxe asistimos, afortunadamente, ao seu…
A posibilidade da visita xurdira esta primavera na celebración da "Tenda Pop Up Galicia. Saberes e sabores" cando a emprendedora santiaguesa Manuela Madriñal coincidiu co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e co delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega. Tras as presentacións de rigor, e manifestar interese por coñecer a Casa e que ademais contaba cunha estreita relación con outras mulleres profesionais galegas residindo en Madrid, posiblemente tamén interesadas, quedaron xa entón en buscar unha data apropiada e recentemente conviñeron no día de hoxe.
A visita, que…
Interviñeron na presentación, ademais do autor, o editor e presidente de Edhasa, Daniel Fernández, o conde de Fontao, José Manuel Romero, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega. Entre os numerosos asistentes ao acto achábanse o deputado do PP por Lugo Jaime Eduardo de Olano, os xornalistas e escritores Jenaro Castro, Carlos G. Reigosa, Alfonso S. Palomares, Milagros Frías e Ramón Pernas e o político Ángel Mario Carreño.
Ónega, lucense, de Mosteiro-Pol, lembrou os vínculos da súa infancia e mocidade co diario El Progreso, de cuxo grupo de comunicación De Cora é director…
O presidente do Parlamento quixo aproveitar a súa estancia en Madrid para achegarse á Casa de Galicia e coñecer in situ a exposición de Francisco G. Lagares que se mostra nas Salas A e B ata o 30 deste mes.
Á cita acudiu tamén o pintor Lagares quen se mostrou moi satisfeito e fixo de guía para todos, ofrecendo diferentes explicacións sobre cada obra. Especial atención mereceron os títulos dos cadros, por exemplo Galicia, no que se detiveron mentres o autor ía debullando o significado dos trazos.
Na visita, xunto con Ónega, Santalices e Lagares estiveron tamén o coordinador de Actividades da…
A presentación, que estivo a cargo do director da Oficina de Turismo da Casa, Roberto Castro, completa a formación destas alumnas cun coñecemento detallado da oferta turística na Comunidade de Galicia. As estudantes acudiron acompañadas de Adriana Arranz, docente responsable do grupo.
Ademais de Conde-Corbal, interviñeron na presentación o coordinador da cartografía da obra, José García-Calvo, o xornalista de TVE Xaquín López e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado e director da Casa, José Ramón Ónega.
Jiménez afirmou que "é unha guía na que non falta detalle" e apreciou que para os membros de Xeneración Nós que fixeron este Camiño en 1927 "camiñar cara aos lugares sacros ou espazos de salvación é comprender o ser de Galicia en comuñón profunda coa terra, coa súa realidade". "Próximo xa o Xacobeo 2021,…