ACTO DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DO ANO, con entrega de distincións a diversas personalidades e actuación musical

Eventos
12/10/2013
12/10/2013
10/12/2013

ACTO DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DO ANO, con entrega de distincións a diversas personalidades e actuación musical

-

A Delegación da Xunta en Madrid acolle o Acto de clausura do Programa de Actividades do ano 2013, no que o Delegado e Director, José Ramón Ónega, fará entrega de diplomas a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta Institución. O acto finalizará coa interpretación musical da prestixiosa violinista húngara, Andrea Szamek. 

O vindeiro 10 de decembro, ás 19:00 horas, a Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid celebrará o Acto solemne de peche de actividades do ano 2013, que foi especialmente abundante tanto en número de eventos como na relevancia destes.

O acto estará presidido polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela.

No transcurso do acto, efectuarase a entrega de Diplomas a diversas personalidades, coa cal se recoñecen os valores profesionais e humanos asi como a súa colaboración e apoio a esta Institución. No acto lerase un breve currículum de cada homenaxeado. Nesta ocasión recibirán o Diploma: Pilar Cernuda, xornalista; Silvia Catoira Seijas, vicepresidenta da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA); Alberto Aza Arias, ex xefe da Casa de S. M. el Rey e conselleiro permanente-presidente da Sección Quinta do Consello de Estado; María Zurita Borbón, directora xeral de Zesauro Traducciones, S.L.; José Manuel Otero Lastres, catedrático de Dereito Mercantil; Víctor Calvo-Sotelo, secretario de estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Enerxía e  Turismo; Melquiades Álvarez González, empresario; Fernando Barrera Morate, editor e presidente do Consello de Administración de "El Correo Gallego"; Yuri P. Korchagin, embaixador de  Rusia; Francisco Javier Varela Sala, Xeneral Xefe de Forzas Lixeiras; e Ángel Álvarez Álvarez, comisario xefe da  Comisaría Especial do Congreso dos Deputados, Tribunal de  Contas e Defensor do Pobo.

O acto finalizará coa actuación musical da violinista húngara, Andrea Szamek, que interpretará breves pezas de música tradicional galega e celta.

10 Decembro 2013
Eventos