Acto de nomeamento como membro de honra da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (IURISGAMA) a D. ÁNGEL RON GÜIMIL, presidente do Banco Popular

Eventos
05/13/2014
05/13/2014
13/05/2014

Acto de nomeamento como membro de honra da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (IURISGAMA) a D. ÁNGEL RON GÜIMIL, presidente do Banco Popular

-

D. Ángel Ron Güimil, presidente máis novo da banca española, recibirá de mans do Prof. Dr. Carlos Lema Devesa, a placa que o acredita como Membro de Honra.

Ángel Ron naceu en Santiago de Compostela en 1962. É o actual presidente do Banco Popular Español, o terceiro grupo bancario nacional por capitalización, accedendo ao cargo como o presidente máis novo da banca española.

En canto á súa formación, Ángel Ron é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

A súa relación coa entidade que agora preside, comezou no ano 1984, cando tan só tiña 22 anos, e entrou a formar parte da Dirección Rexional de Galicia.

En 1989 é nomeado diirector xeral da Caja Cooperativa de Promoción y Crédito, un banco de aforro especializado en microcréditos. En 1991 Ángel Ron pasa a desempeñar a mesma responsabilidade no Banco de Depósitos ata 1995.

A finais dese ano é nomeado director rexional de Asturias-Cantabria.

Ángel Ron volve a marcar o fito de ser o empregado máis novo en alcanzar tal responsabilidade, administrando un negocio de 2.000 millóns de euros, 52 sucursais e arredor duns 300 empregados.

No ano 1998 dá o salto definitivo a Madrid, cando é nomeado director xeral da Red Comercial do Grupo, incluíndo os 5 bancos rexionais, así como todas as sociedades financeiras dependentes deste, levando a cabo a definición e implementación da estratexia comercial.

En marzo de 2002, Ángel Ron é nomeado conselleiro delegado e dous anos despois, presidente Executivo do Grupo Banco Popular, para aceptar en 2006 a presidencia do Consello de Administración.

Baixo a súa presidencia adquiriuse o Banco Nacional de Crédito (BNC) e materializouse a entrada no mercado estadounidense coa compra de Totalbank en 2007. O ‘Plan Suma", polo que a entidade que preside Ángel Ron se comprometía a alcanzar un beneficio neto superior aos 1.000 millóns de euros en tres anos, foi outro dos grandes obxectivos alcanzados.

13 Maio 2014
Eventos
Imaxes