Actuación e presentación do disco "ABRE O TEU CORAZÓN", de Miguel Ángel Martínez
Disco solidario cuxa recadación se destinará integramente a Unicef, co obxectivo de axudar aos nenos do terceiro mundo.
Valse, merengues, bachatas e un amplo repertorio de ritmos e estilos variados no que se mestura o serio e o divertido forman este traballo musical do músico galego Miguel, que tivo para iso a colaboración doutros nove artistas: Alberto Cuña, José Costas (autor do conocidísimo tema ‘Como baila Carmiña’), Juancho o Charro (cofundador do Dúo Gala), Mar Davila, Sabela, Olalla de Hoyos, Marietta, Moita e Nucha e a eurovisiva Lucía Pérez.
Miguel Martínez é un músico autodidacta e compositor. Iníciase a través da música popular e tradicional formando parte desde moi nova do grupo de gaitas "Os Berberechiños" de Combarro. Máis tarde integrouse na agrupación "Dúos Pontes" e posteriormente en "Marmurios de Leucoíña". É fundador dos coros "Virxe da Renda" e "Vento Mareiro", de Combarro, do Coro da Casa Rosada de Poio e da Rondalla escolar deste mesmo municipio. Colabora desinteresadamente en numerosos festivais e actos benéficos.