'Amor: a muller no camiño de peregrinación. Camiño de Santiago dende Canarias.'

Eventos
10/29/2024
10/29/2024
29/10/2024

'Amor: a muller no camiño de peregrinación. Camiño de Santiago dende Canarias.'

A artista María Carretero presenta na Casa de Galicia en Madrid 'Amor: a muller no camiño de peregrinación. Camiño de Santiago dende Canarias.' en conmemoración do XXVIII aniversario da súa obra 'Homenaxe ao Peregrino'.
O acto está coordinado por Domingo de Famara e o tenor Francisco Corujo encargarase do acompañamento musical.
Nesta ocasión a artista estará acompañada por Luis E. Ramos, director da Casa de Galicia en Madrid; Juana Sánchez-Gey, profesora emérita de Filosofía, Universidade Autónoma de Madrid, Fundación Fernando Rielo, misioneiras e misioneiros Identes. ID, que intevirá a través dun vídeo; Erika Reija, xornalista de TVE; Reyes Martel, maxistrada do Xulgado de menores nº 1 das Palmas de Gran Canaria e presidenta da ONG Asociación Up2ou Project Depende de ti e Astrid María Pérez Batista, presidenta do Parlamento de Canarias, que remitiu un vídeo coa súa intervención.

29 Outubro 2024
Eventos
Imaxes