03/10/2025 - 03/10/2025
Apertura exposición "Artesanía no Prato"
O proxecto Artesanía no Prato ten como finalidade xerar unha interrelación entre artesanía, deseño e gastronomía, dando a coñecer o potencial das pezas artesás como soporte das creación culinarias.
O resultado non pode ser máis enriquecedor: unha simbiose entre ambas áreas que permite engalanar non só a alta cociña, senón que a gastronomía en xeral.
A apertura terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o venres 3 de outubro ás 11,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
03 Outubro 2025
-
Eventos