Arturo Maneiro presenta o seu libro "Una televisión sin ley"

Eventos
01/28/2025
01/28/2025
28/01/2025

Arturo Maneiro presenta o seu libro "Una televisión sin ley"

O xornalista Arturo Maneiro presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu novo ensaio "Una televisión sin ley". Esta obra afonda na xestión de Televisión Española dende o comezo da democracia hai 50 anos e fai un repaso histórico das normas que rixen a Corporación Radiotelevisión Española (RTVE).

Na presentación participarán o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, o xornalista e exconselleiro de RTVE, Jenaro Castro, e a presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid, Pilar Falcón.

Será o martes 21 de xaneiro ás 19:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.

Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.

28 Xaneiro 2025
Eventos
Imaxes