A Casa de Galicia únese a 'Madrid es Moda' da man de Coconutscankill

Eventos
08/05/2024
08/05/2024
05/08/2024
Adianto de programación

A Casa de Galicia únese a 'Madrid es Moda' da man de Coconutscankill

A deseñadora galega Amara Caruncho presentará o 10 de setembro unha colección inspirada no traxe rexional galego

A Casa de Galicia en Madrid acollerá o próximo 10 de setembro a presentación da nova colección de Coconutscankill, a marca da nova deseñadora galega Amara Caruncho. A súa proposta está inspirada na patronaxe e nas técnicas construtivas do traxe rexional de Galicia.

Vangarda e tradición danse a man na colección 'Sobremesa', unha homenaxe á foliada galega, un  festexo improvisado que se celebra ao redor dunha mesa despois dunha boa comida.  

A pesar da súa mocidade, Amara Caruncho ten unha ampla traxectoria no mundo da moda. Foi gañadora da quinta edición do Allianz Ego Confidence in Fashion da Mercedes Benz Madrid Fashion Week. Actualmente compaxina a súa actividade como deseñadora coa de docente na Escola Superior de Moda de Madrid.

05 Agosto 2024
Eventos
Imaxes