CELEBRACIÓN DO DÍA DE GALICIA

Eventos
07/17/2012
07/17/2012
17/07/2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DE GALICIA

-

Con este acto, a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia pretende solemnizar institucionalmente a festa do Apóstolo Santiago na nosa Comunidade Autónoma.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebra o día 17 de xullo ás 19:00 horas O DÍA DE GALICIA EN MADRID, que conmemora institucionalmente a festividade de Santiago Apostol, o 25 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma.

O acto terá carácter institucional e ao mesmo tempo lúdico.

Tras o Discurso de apertura por parte do Delegado da Xunta en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, farase entrega de Diplomas a altas personalidades da Administración, do campo da Universidade, a Xustiza, a Prensa, e outros ámbitos, pola súa destacada traxectoria política e profesional así como a representantes das distintas colectividades e agrupacións profesionais galegas con sede na capital de España, en recoñecemento aos seus méritos profesionais e polo seu afecto e implicación coa Casa de Galicia.

A continuación, o acto contará coa actuación musical do Dúo Sons-Nús, formado por dúas grandes figuras da música en Galicia: a cantante MAITE DONO e o contrabaixista BALDO MARTÍNEZ. Ambos reúnense a partir do jazz, o folklore, e a libre improvisación, dando lugar a un peculiar proxecto sonoro e interpretativo; onde a versatilidade e a non-definición xogan un papel importante á hora de falar deste proxecto.

A voz cantada, ou falada (utilizando a poesía como vía: Uxío Novoneyra, a propia Dono,  etc.) pode viaxar do coñecido ao descoñecido, e o contrabaixo, tamén nesa viaxe de risco, perfila música e expresión de todo o conxunto.

O acto finalizará coa interpretación do Himno Galego.

17 Xullo 2012
Eventos