Celebración do XII ENCONTRO AMIGOS DA CULTURA CELTA

Eventos
02/16/2023
02/16/2023
16/02/2023

Celebración do XII ENCONTRO AMIGOS DA CULTURA CELTA

O acto constará de dous partes: unha conferencia e unha cerimonia de nomeamento de novos membros de diferentes ámbitos.

Na presentación e conferencia intervirán Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, que dará a benvida en nome do presidente da Xunta de Galicia; Pilar Falcón, académica de número da Academia Xacobea, que actuará de "mestra de cerimonia"; José Cerdeira, presidente da Asociación Cultural da Vieira; Blanca G. Albalat, profesora de Historia, que pronunciará a conferencia "O celtismo e o Camiño de Santiago"; e Gonzalo Ruiz-Zapatero, catedrático de Arqueoloxía da UCM, que falará sobre o presente e futuro do Colectivo ACC.

Seguidamente comezará a cerimonia de nomeamento de novos membros no ámbito Académico e Investigación, e Cultura e Patrimonio. Serán nomeado Membros de Honra o Excmo. Sr. D Frank Smyth, embaixador de Irlanda, e o Excmo. Sr. D. João Mira-Gomes, embaixador de Portugal.

16 Febreiro 2023
Eventos
Imaxes