Ciclo de clases-conferencias "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S. XV AO S. XX"

Eventos
01/28/2015
01/28/2015
28/01/2015

Ciclo de clases-conferencias "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S. XV AO S. XX"

-

O profesor de Arte, Diego Diz, inicia este ciclo coa conferencia "A ARTE DO AUTORRETRATO (Tiziano, Tintoretto, Goya)".

A primeira conferencia do ciclo versará sobre o xénero do autorretrato, explicado a través de tres grandes pintores: Tiziano (1489-1576), principal artista veneciano do Renacemento; Tintoretto (1518-1594), probablemente o último gran pintor renacentista italiano e precursor da arte barroca; e Goya (1796-1828).

O xénero do autorretrato naceu no Renacemento, cando a Historia da Arte comezou a ser a Historia dos artistas. Dunha maneira explícita ou camuflada en medio dunha escena, os artistas converten a súa propia imaxe en modelo para as súas pinturas. O aparente narcisismo desta acción encerra na maioría dos casos uns motivos moito máis profundos, e en ocasións mesmo dramáticos, que converteron os autorretratos nun dos xéneros máis ricos e fascinantes da historia da pintura.

Diego Diz é licenciado en Xeografía e Historia, con especialidade en Arte, pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou distintos cursos en España e no estranxeiro de Historia da Arte e do Cine, así como un máster de Historia da Arte na Universidade de Londres. É profesor de Historia da Arte en distintos centros, asociacións e fundacións.

28 Xaneiro 2015
Eventos
Imaxes