Ciclo de clases-conferencias "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S.XV AO S.XX", por Diego Diz, profesor de arte

Eventos
05/20/2015
05/20/2015
20/05/2015

Ciclo de clases-conferencias "OBRAS MESTRAS DA PINTURA DO S.XV AO S.XX", por Diego Diz, profesor de arte

-

Terceira sesión: “O UNIVERSO FEMININO. TRES VISIÓNS DA MULLER” (Roger Campin, Palma el Viejo, Jawlenski).

Nesta terceira conferencia, o profesor Diego Diz comentará os cadros dos seguintes pintores:

Roger Campin, pintor primitivo flamenco do s. XIV: “Santa Bárbara” (1435) é un dos mellores exemplos da habilidade dos primitivos flamencos na representación de interiores. Obsérvanse características propias do artista, como o rostro de faccións anchas da muller e a forma das pregaduras, así como o interese por transcribir as calidades de cada materia;

Palma el Viejo (s. XVI): “Retrato dunha muller nova”, chamada “A bela” (1518), figura feminina pintada sensualmente e presentada ao espectador de medio corpo, lenzo no que o pintor sintetiza características distintivas da pintura veneciana do Renacemento;

Jawlenski, un dos principales impulsores da arte expresionista: “O veo vermello” (1912) reflicte o seu interese pola representación de rostros baixo o impacto que lle produciron na súa mocidade os iconos rusos. Representa a figura dunha muller de medio corpo lixeiramente de perfil coas súas formas e faccións delineadas con fortes liñas negras que nos evidencian o seu interese por transmitir a máxima expresividade.

20 Maio 2015
Eventos
Imaxes