CICLO "MEDICINA E HUMANIDADES"
Conferencia "Humanización na asistencia médica desde a miña experiencia en Pediatría. O valor da musicoterapia", polo Dr. Francisco Ruza, pediatra e profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid.
Dirixe e coordina o ciclo o Dr. Julio Ancochea Bermúdez, presidente de ASOMEGA.
O ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades" nace como foro de pensamento e debate e reúne periodicamente a profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito da Medicina.
O obxectivo deste Ciclo é poñer de manifesto a necesaria unión entre a disciplina científica médica e a humanística para un óptimo desenvolvemento da Medicina en beneficio da sociedade.
O Dr. Ruza é pediatra e profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid. Foi durante máis de 30 anos o xefe da Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos do Hospital Universitario La Paz.
Tras describir o concepto da Humanización, o profesor Ruza fará unha análise da situación actual describindo os diferentes factores implicados. Fará unha valoración das circunstancias ambientais, organizativas e persoais de todos os axentes involucrados na asistencia médica. Tamén describirá a evolución social, tecnolóxica e persoal, suxerindo liñas de actuación que harmonicen os desaxustes e promocionen unha asistencia aos pacentes que manteña a esencia da atención ao ser humano enfermo, que non é outra que a relación persoal, digna e humana.
Finalmente, exporá o papel que a Musicoterapia ten no contexto dunha asistencia máis humana, contribuíndo á mellora do estado anímico e emocional dos pacientes, independientemente da idade que estes teñan. Para demostración destes efectos, proxectarase un vídeo sobre as sesións "in vivo" cos pequenos pacientes no Hospital Infantil La Paz.
Durante o acto intervirá o grupo de Musicoterapia do Hospital Universitario La Paz de Madrid.