CONCELLO DE RIBADEO. Presentación da campaña turística #Ribadeoxqsi
Con motivo da celebración da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), o Concello de Ribadeo preséntase vivo na rede como destino turístico a través da súa nova campaña #Ribadeoxqsi.
O acto de presentación contará coa participación do delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; e a concelleira delegada, Ana María Martínez, entre outras personalidades.
Durante o acto darase a coñecer a páxina web de turismo institucional, así como o novo vídeo promocional. A presentación poderá seguirse en streaming e estableceranse conexión en directo con embaixadores de diferentes países. Ademais, durante o mesmo, presentarase a nova campaña #Ribadeoxqsi, que pretende dar a coñecer os motivos principais polos que visitar Ribadeo.
O acto cerrarase cunha mostra gastronómica a cargo de restaurantes da localidade e os asistentes terán a posibilidade de participar nun photocall posando con imaxes típicas de Ribadeo que representan un Ribadeo natural, cultural, vivo e próximo.